NOVAS SEMANAIS

xoves, 6 de setembro de 2012

Sábado, 15 de setembro: Manifestación en Madrid. Seguimos defendendo o público.


O Goberno Central segue insistindo en que sexamos nós, os empregados públicos, os paganos de esta crise. Unha crise creada directamente por banqueiros, políticos...e agravada por unha pésima xestión dos gobernos de turno. As medidas que se están tomando realízanse de forma unilateral i enfocada sempre ao mesmo colectivo. Debemos decir BASTA XA! dun xeito claro, contundente e enérxico. Por todo elo convocamosvos a unha manifestación conxunta co resto de sindicatos para o próximo día 15 de setembro en Madrid.
Este goberno non pode cargarse máis de 30 anos de avances sociais para salvar a unha banca caduca, responsable de unha crise da que queren que nós soportemos as pérdidas.
Non podemos fallar. Debemos estar todos e deixar claro que a loita pola dignidade dos empregados públicos e a calidade dos servizos vai seguir ata que rectifiquen a sua política.
CSI-F porá autobuses que sairán de Pontevedra e Vigo. Se queres asistir ponte en contacto coas sedes do sindicato, (tfno. Pontevedra: 986896900, tfno Vigo: 886138288) para reservar a tua plaza (gratuita para afiliadas/os e con unha aportación de 10 euros para non afiliados).
CONTAMOS CONTIGO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario